ONDE SE CELEBRA?

Eliximos a contorna do encoro de Vilasouto pola súa localización, neste caso tómase como referencia ás rutas próximas da localidade para recoller a herdanza do Camiño como eixe vertebrador de Europa a través do intercambio cultural bidireccional, artellado sobre un encontro entre artistas e asociacións galegas con artistas e asociacións orixinarios de lugares xeográficos situados ao longo das rutas que chegan a Santiago. Ademais, aproveitase  para dar a coñecer as rutas alternativas do camiño francés nas que se encontra a derivación do Hospital do Incio. 

Eliximos o espazo que recolle a localidade de Eirexalba pola súa beleza, unha paisaxe que se decidiu conformar no ano 1966 por apremiantes necesidades hídricas e que nos deixou un mar de augas conformado polo río Mao e varios regatos pequenos, encaixonado entre o Monte Agudo e Pena Furada. Por outro lado, so necesitamos camiñar ao redor do encoro para visualizar os diferentes castaños e carballos centenarios que acaban de conformar o encanto deste lugar máxico.

Outro motivo, máis importante se cabe, foi a súa xente. A colaboración e implicación tanto dos veciños e veciñas do concello do Incio como das propias institucións facilitaron que se poidera levar a cabo este proxecto que tanto valor ten para nós. Estamos moi agradecidos de que a comunidade do concello de O Incio nos abrira as portas da súa casa desta maneira.

COMO CHEGAR?

ONDE APARCAR?

| PARKING |

O TREMETERRA DISPÓN DUN ESPAZO AMPLO HABILITADO PARA APARCAR OS VOSOS VEHÍCULOS , NON O DUBIDES!

ONDE DURMIR?

O TREMETERRA DISPÓN DE UN ESPAZO DE ACAMPADA PARA TODAS AS ASISTENTES. TRAEDE A VOSA TENDA DE CAMPAÑA E ACAMPADE NUN DOS LUGARES MÁIS BONITOS  DA GALIZA PROFUNDA.

TAMÉN DISPOÑEMOS DE ESPAZO CAMPER, AS VOSAS FURGOS OU AUTOCARAVANAS TAMÉN TEÑEN CABIDA NO III ENCONTRO SOUNDSYSTEM DA TERRA BRAVA.


*RECORDAMOS QUE NON PROPORCIONAMOS ACCESO Á ELECTRICIDADE NIN NO ESPAZO DE ACAMPADA NIN NO ESPAZO CAMPER. 

NORMAS DE ACAMPADA E CAMPER

O espazo de acampada do Tremeterra abrirá as súas portas as 15.00 horas do venres 30 de agosto de 2024 e permitirase a saída ata o domingo 01 de setembro ás 16.30 horas.


Para o bo desenvolvemento do festival e a realización de futuras edicións, é imprescindible a boa convivencia ca xente que coidae vive todo o ano na contorna.

Por iso, a continuación podedes ver as normas da zona de acampada e camper: