QUEN SOMOS?

O Tremeterra é un encontro da cultura Soundsystem que se celebra con acceso gratuito, na contorna do Encoro de Vilasouto, concretamente na localidade de Eirexalba, concello de O Incio.

Naceu en septembro do ano 2022, co obxectivo de impactar no eido local, tratando de crear unha alternativa de ocio para a xente da zona, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa ás novas xeracións, introducindo propostas culturais que están á vangarda noutras comunidades e paises, servindo de impulso económico para o concello a través de colaboracións con entes e negocios locais de O Incio e arredores.

En segundo lugar, dar a coñecer os espazos naturais de grande interese paisaxístico, ecolóxico e ambiental da zona por medio de talleres e charlas a cargo de asociacións locais que traballan e protexen o medio natural.

E por último, poñendo en valor dous elementos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: O Reggae e o Camiño.

O Tremeterra trata de afianzar lazos entre diferentes colectivos do soundsystem, utilizando como vehículo motor o propio Camiño e o espazo físico que ocupa, conxugando as dúas entidades patrimoniais nun obxectivo común. Un evento cargado de valores de respecto, ás persoas de toda clase, sexo, relixión e procedencia, así como á propia natureza e a cultura, e por suposto á promoción dos mesmos. Todos estes valores atópanse intimamente ligados á tradición da peregrinación, sendo a irmandade e a vivencia compartida en multiculturalidade a base da experiencia do Camiño, así como tamén están intimamente ligados á música reggae que os promove dende a súa fundación.

Este encontro busca ser un dos festivais referentes do soundsystem, onde non só o reggae conforma a súa imaxe, si non que todas as músicas e xéneros relacionados cos sistemas de son artesanais teñen cabida.


ORGANIZA

CONCELLO DO INCIO

ASOCIACIÓN CULTURAL ARANDELA

ASOCIACIÓN CULTURAL SONSISTEMA

COLABORA



“Tres vencellos nos leian fortemente á terra: o sentimento da paisaxe, a fala i a música” 

(Anxel Fole, “Terra Brava”, cap. “O grande Parladoiro”).